martes, 26 de marzo de 2019

Incendio de Rianxo

Noticia semana 1:Incendio en Rianxo




Novas :Diminúe o nivel 2 do incendio de Rianxo

Fontes de información:La Voz de Galicia e Faro de Vigo

Resumo das noticias :O nivel 2 do incendio de Rianxo diminuíu, o intenso fume obrigou a evacuar o instituto de Félix Muriel e a escola unitaria de Rañó.

Opinión crítica :A min que haxa un incendio paréceme fatal pero que fatal, o que me parece ben, é que está diminuíndo o lume, oxalá non haia máis persoas como o que provocou o incendio.
vía:wikipedia

A miña viaxe a Madrid

Ola amigos!


Hoxe vouvos falar sobre a miña viaxe a Madrid. A viaxe comezou o oito de xuño de 2018. Estiven alí unha semana cos meus compañeiros de clase. O primeiro día fomos a andar polas rúas buscando estatuas das Meninas que hai repartidas por Madrid, o segundo día fomos ao Museo do Prado a ver cadros como por exemplo, un dos meus favoritos, o 3 de maio en Madrid, o terceiro fomos ao Reina Sofía para ver cadros como, o máis grande, Guernica ese cadro era impresionante, medía sete metros de largo! Ese cadro representa cando Adolf Hitler, Franco e Mussolini bombardearon Guernica .Ese mesmo día tamén fomos a ver o teatro do Rei León , cando o vin non podía alucinar máis do que estaba, o seguinte e último día era para a Warner que estivo moi chula, o que máis me gustou foron os coches de choque, sempre foi a miña atracción favorita e menos mal que fomos de dous en dos porque se non un amigo meu non podería entrar.
Archivo:Calle de Alcalá (Madrid) 16.jpg
vía:wikipeia

Volvéramos para as nosas casas o 15 de xuño de 2018, para ser exactos o día que xogaba España contra Portugal no mundial.

Vlog


Parte 1

Parte 2

A MIÑA PRIMEIRA ENTRADA

Ola amiguiños!

Chámome Mario e gustaríame publicar nun blog as miñas experiencias e viaxes que tiven e que terei no futuro.

Tamén falarei sobre deportes que fago ou que me gustan, de música  e de videoxogos.