venres, 7 de xuño de 2019

Música galega

MÚSICA GALEGA

A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros).

Historia: A orixe é escura, as primeiras referencias son as músicas medievais, sábese que a gaita era común naquel altura, xa existían os principais instrumentos na tradición musical: gaitas, zanfonas e instrumentos de corda aparecen en códices, capiteis románicos ou no ben coñecido Pórtico de Gloria ou na Catedral de Santiago. 

Permiten a restauración dos instrumentos e fan posible a representación actual da música medieval.
Pandereta, Instrumento, Percusión, Ritmo, Música
Foto dunha pandeireta de Stickerphoto de pixabay
 

domingo, 2 de xuño de 2019

Victoria de Carlos Sánchez en tenis

Vitoria de Carlos Sánchez en tenis

Carlos Sánchez supera a Rafael Nadal e gaña o torneo de Roland Garrós

A Pobra do Caramiñal 01 06 19/20:45 Autoría: Vilachán

O tenista Carlos Sánchez supera a Rafa Nadal na final do torneo Roland Garrós.

Este tenista galego supera ao xogador mallorquín por tres sets a un (6-2), (4-6), (6-3) e (6-4).

No primeiro set foi moi superior ao seu rival, no segundo descendeu un pouco e perdeu, no terceiro subiu e gañou e no último gañou por pouco.

O gañador quedou moi esgotado polo seu esforzo e o contrincante case non podía nin camiñar do cansancio.

Este encontro tivo un final moi alegre para os galegos e pata os pais do gañador e moi mal para os mallorquís e a familia do perdedor.


Tenis, Pelota De Tenis, Vez, Bola, Torneado, Ronda
foto dun espectador/Imaxe de Bessi en pixabay


xoves, 30 de maio de 2019

Instrumentos da música electrónica

Ola amantes de música, hoxe vouvos falar sobre os instrumentos da música electrónica

Un instrumento elecrónico é un instrumento que que produce sons utilizando a electrónica
(Enerxía eléctrica).

O primeiro instrumento é o amplificador de potencia que serve para aumentar o nivel do sinal,
 para, dese xeito aumentando a amplitude do sinal de entrada por correntes de polarización
 (tensión negativa, a tensión positiva) do transitor de saída.

O último é a guitarra eléctrica é un instrumento musical de seis cordas, que usa o principio da
 indución electromagnética para converter as vibracións das súas cordas metálicas en sinais eléctricos. 

Deica logo!

Guitarra, Guitarra Eléctrica, Instrumento De Cuerda
exemplo de guitarra eléctrica / pixabay
 

TERREMOTO NA POBRA DO CARAMIÑAL

        




     TERREMOTO NA POBRA DO CARAMIÑAL

                        25 Feridos e 3 Mortos

Earthquake, Fracture, Asphalt, Split
imaxe desde a Curota/Imaxe de Angelo_Giordano en pixabay



 A Pobra do Caramiñal 30 05 2019/ 9:45 Autoría: Vilachán
 Hoxe 29 de maio ás nove da mañá ao lado da estrada principal, houbo un terremoto, no que morreron 3 persoas e 25 feridos.

Isto ocorreu por feitos naturais confirmaron os especialistas en terremotos, isto ocorreu porque dúas placas tectónicas sepráronse.

Os que estudaron o temblor confirmaron que era de grao seis na escala de Ritcher.

A policía bloquearon o paso no lugar do suceso pero aínda que haxa unha urxencia non poderán desbloquear o paso.

 Os axentes din que taparán o burato con cemento para que se poida pasar
 pero afirmaron que van tardar moito.

xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas

vía: flickr


Copla 1:

Meu irmán ía as patacas
meu avó ía moito ao rastro
menudos tempos aqueles
e un saúdo de Castro

Copla 2:

Agora estou co móbil
non che quero escoitar
non e contes nada máis
pois non che vou contestar

Copla 3:

Eu antes ía as patacas
os nenos de hoxe en día
só están nas súas casas
con estas tecnoloxías

Copla 4:

Eu xogaba ás canicas
andaba en bicicleta
un día fin costa abaixo
e rompín a cabeza

Videoxogos

Ola xogadores!!!

Hoxe vouvos falar sobre o meu videoxogo favorito, o meu videoxogo favorito é Fortnite.

O Fortnite é un xogo dispoñible para Play Station 4, Xbox, IPhone e para algúns Androids, este xogo consiste en varios modos que son, Salvar o Mundo, Battle Royale e Creativo, o meu modo favorito é o Battle Royale que consiste en todos contra todos, dúos e escuadróns. O que máis e gusta é o de escuadróns.

O meu personaxe favorito é un plátano.
Fortnite, Lugar De Trabajo, Juego De Vídeo, Pc
vía: pixabay

Brilé

Ola amigos!!

 Hoxe vouvos falar sobre o brilé.

O brilé é un deporte que consiste en dous grupos, os grupos teñen que ser dos mesmos xogadores.
O campo está dividido en metade e metade e hai, para cada equipo, un campo de brilado que estás nese campo cando che dan co balón en calquera parte do corpo e o balón toca o chan.

As regras son, non podes pasar da liña que divide os campos, non podes estar na zona de brilado sen estar brilado,non podes ir a pola pelota ao campo contrario nin á zona de brilado.

Material una pelota

Xógase lanzando a pelota aos rivales, se che dan, vas ao campo de brilado.

Dodgeball, Mlb, Logotipo, Banner, Flyer, Arte, Diseño
vía: pixabay

xoves, 4 de abril de 2019

Noticia da semana 2

Noticia: A vítima do 'Chicle': "Díxenme: tenta saír de aquí, porque como peche o maleteiro, non saes máis"

Fontes de información: La Voz de Galicia, Galicia Hoxe
Resumo da noticia: O 25 de decembro do 2017, o Chicle, presuntamente, intentou secuestrar a unha moza na calle Bao de Boiro. A vítima, declarou que intentou metela no maleteiro do coche pero forcexou ata que dous mozos, tras oír os seus berros, foron na súa axuda.
O Chicle nega tal acusación, e afirma que só lle pediu o móbil, e que ao non darllo, deixouna marchar.
A Audiencia Provincial e no que se lle piden un total de 15 anos e dez meses de prisión polos delitos de detención ilegal, agresión sexual en grao de tentativa, roubo, ameazas e lesións.

Opinión crítica: Eu, no caso que se probe que intentou secuestrar a esa moza, e visto o que pasou con Diana Quer, 15 e dez meses son poucos para telo no cárcere, si eu fora o xuíz, mandaríao a máxima pena posible que haxa no país.
Excelente, Alfa Romeo, Gta
vía: pixabay

martes, 26 de marzo de 2019

Incendio de Rianxo

Noticia semana 1:Incendio en Rianxo




Novas :Diminúe o nivel 2 do incendio de Rianxo

Fontes de información:La Voz de Galicia e Faro de Vigo

Resumo das noticias :O nivel 2 do incendio de Rianxo diminuíu, o intenso fume obrigou a evacuar o instituto de Félix Muriel e a escola unitaria de Rañó.

Opinión crítica :A min que haxa un incendio paréceme fatal pero que fatal, o que me parece ben, é que está diminuíndo o lume, oxalá non haia máis persoas como o que provocou o incendio.
vía:wikipedia

A miña viaxe a Madrid

Ola amigos!


Hoxe vouvos falar sobre a miña viaxe a Madrid. A viaxe comezou o oito de xuño de 2018. Estiven alí unha semana cos meus compañeiros de clase. O primeiro día fomos a andar polas rúas buscando estatuas das Meninas que hai repartidas por Madrid, o segundo día fomos ao Museo do Prado a ver cadros como por exemplo, un dos meus favoritos, o 3 de maio en Madrid, o terceiro fomos ao Reina Sofía para ver cadros como, o máis grande, Guernica ese cadro era impresionante, medía sete metros de largo! Ese cadro representa cando Adolf Hitler, Franco e Mussolini bombardearon Guernica .Ese mesmo día tamén fomos a ver o teatro do Rei León , cando o vin non podía alucinar máis do que estaba, o seguinte e último día era para a Warner que estivo moi chula, o que máis me gustou foron os coches de choque, sempre foi a miña atracción favorita e menos mal que fomos de dous en dos porque se non un amigo meu non podería entrar.
Archivo:Calle de Alcalá (Madrid) 16.jpg
vía:wikipeia

Volvéramos para as nosas casas o 15 de xuño de 2018, para ser exactos o día que xogaba España contra Portugal no mundial.

Vlog


Parte 1

Parte 2

A MIÑA PRIMEIRA ENTRADA

Ola amiguiños!

Chámome Mario e gustaríame publicar nun blog as miñas experiencias e viaxes que tiven e que terei no futuro.

Tamén falarei sobre deportes que fago ou que me gustan, de música  e de videoxogos.